Prácticas de laboratorio |
A43 B1 B9 |
Unha ou varias prácticas que se realizarán de modo individual ou en grupo, segundo indíqueno os profesores. Abarcarán máis dunha semana e poden requirir de traballo adicional fose da aula.
É imprescindible obter unha cualificación de aprobado nesta metodoloxía de forma independente (nota mínima de 5 considerando que se valora de 0 a 10) para poder aprobar a materia. |
50 |
Proba obxectiva |
B3 C6 |
A comprensión dos conceptos explicados polo profesor nas sesións maxistrais implica que os alumnos participen nas clases de maneira activa, expondo dúbidas e aproveitando ao máximo a interacción persoal. Esta comprensión valórase na nota final da materia a través dos cuestionarios online que se realizan nos minutos finais de cada sesión maxistral |
10 |
A avaliación desta materia está baseada na superación das metodoloxías principais (prácticas de laboratorio, traballos tutelados + presentación oral) de forma independente. A primeira está centrada na demostración práctica dos coñecementos e habilidades adquiridos para resolver problemas en robótica autónoma, e a segunda na realización e exposición de traballos sobre un tema concreto dentro do temario teórico. Así, no caso de que o alumno non supere a materia na convocatoria ordinaria, deberá repetir todas as actividades das metodoloxías que non foron superadas na convocatoria ordinaria. Como exemplo, se un alumno aprobou a parte da Presentación oral+traballos tutelados, pero suspendeu en practicas de laboratorio, deberá repetir estas últimas. Os alumnos que opten por presentarse na convocatoria adiantada (decembro) deberán realizar todas as metodoloxías excepto a proba obxectiva. O valor da proba obxectiva (10%) súmase no de prácticas de laboratorio, pasando esta última a valer un 60%. É necesario que os estudantes se poñan en contacto cos profesores ao comezo do cuadrimestre para ter unhas marxes de entrega adecuados. Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|