Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Subjects
  High Performance Computing Infrastructures
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Objective test A11 B2 B3 B8 C1 Probas individuais de avaliación sobre os contidos traballados nas sesións prácticas. Estas probas realizaranse ao longo do cuadrimestre e forman parte da avaliación continua da materia. 30
Mixed objective/subjective test A11 B2 B3 B7 B8 Ao final do cuadrimestre realizarase unha proba de avaliación individual sobre os contidos teóricos do temario desenvolvidos durante as sesións maxistrais e onde o alumnado deberá demostrar os coñecementos adquiridos. Esta proba realizarase no período reservado no calendario académico para a materia. 50
ICT practicals A11 B2 B3 B7 B9 B10 C1 As prácticas consistirán en diferentes actividades propostas ao longo do período lectivo que permitirán ao alumnado afianzar os coñecementos adquiridos nas sesións prácticas. O seguimento continuo da materia farase mediante a avaliación destas actividades con entregas periódicas debidamente realizadas en tempo e forma, e facendo un uso axeitado dos recursos habilitados para dito fin. 20
 
Assessment comments

Primeira oportunidade

Para superar a materia na primeira oportunidade é necesario obter:

  • Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada á proba mixta sobre os contidos teóricos da materia.
  • Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada ás probas obxectivas de avaliación das prácticas.
  • Unha cualificación global igual ou superior ao 50%.

No caso de incumprir algunha das condicións necesarias para superar a materia, a cualificación final nas actas será un Suspenso e a nota máxima que se poderá obter é 4.

Calquer/a alumno/a que non entregue as prácticas nin realice ningunha das probas de avaliación terá unha cualificación de NON PRESENTADO.

Segunda oportunidade

Só poderán presentarse os/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. As condicións globais necesarias para aprobar requiridas na primeira oportunidade mantéñense coas seguintes consideracións:

  • A nota das probas que acadasen o mínimo establecido en primeira oportunidade conservaranse na segunda.
  • A nota das prácticas será a obtida durante o curso, non sendo posible recuperar/mellorar dita nota nesta oportunidade.

Observacións adicionais

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes