Para aprobar a materia cómpre acadar o 50% da puntuación correspondente ao apartado B e o 50% da puntuación correspondente ao apartado C.
Considerarase NON PRESENTADO cando o alumno non realice NINGUNHA das actividades avaliables.
No caso de que a suma total das cualificacións fose igual ou superior a
5.0, pero a parcial de contidos teóricos ou prácticos non superara a
nota mínima esixida, a cualificación final corresponderá á obtida na
proba non superada, ou á media de ambas no caso de seren as dúas.
No caso de situacións excepcionais debidamente
justificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o estudante poida
superar a materia tales como flexibilidade no prazo de entrega de traballos
tutelados, flexibilidade no horario de prácticas ou realización dunha proba
global de avaliación dos resultados da aprendizaxe.
Os estudantes con adicación a tempo parcial oficialmente recoñecida,
poderán realizar as actividades propostas nos seminarios vía on-line e,
mediante as titorías (presenciais ou on-line), solucionar as cuestións
que poidan xurdir. No caso de estudantes que participen en modalidades
específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará
as actividades de avaliación contínua e obrigatorias para que o
estudante poida optar a superar a materia.