Cuestións xerais:
1. Para superar a materia, o alumnado deberá
conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores
sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 valores sobre 10
para poder sumar os restantes elementos de avaliación.
2. O alumnado terá de entregar os traballos no
prazo fixado, os cales deberán cumprir unha exixencais mínimas de corrección
lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia
de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle).
3. O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e
entregar as mesmas probas e exercicios que o restante estudantado. Se non puider
asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto con el aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.
4.
Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos
criterios que na ocasión anterior, só que o "Traballo tutelado" pasará a ser puntuado con 4 valores, absorbendo así o "Obradoiro", que desaparece como elemento de avaliación. Antes da data oficial do exame ten de ser entregue o "Traballo tutelado". No caso da "Presentación oral", marcarase un día
para a súa realización. De haber convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados
idénticos principios de avaliación que na oportunidade de xullo.
5. A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando se der algún
dos seguintes supostos: a) o alumno ou a alumna non realizou a "Proba
mixta"; b) a alumna ou o alumno non entregou nin realizou ningunha das actividades
previstas ("Traballo tutelado", "Presentación oral", "Obradoiros"); c) o alumno
ou a alumna non fixo nin a "Proba mixta" nin realizou ningunha das
actividades programadas ("Traballo tutelado" e "Presentación
oral", "Obradoiros").
Aviso importante: Os traballos presentados polo alumnado poderán
ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio e de
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
inclusive pola/o mesma/o estudante. Se se producir algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e de mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).