Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas |
Grao en Náutica e Transporte Marítimo |
Asignaturas |
Física |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Física | Código | 631G01103 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A8 A9 B3 B4 B6 B9 C10 | Realizarase a avaliación continua atendendo tanto á actitude e a participación do/da alumno/a como ao grao de cumprimento reflectido no informe do traballo realizado. A asistencia a prácticas e a presentación do informe terán carácter obrigatorio. |
10 |
Proba obxectiva | B13 B14 B15 | Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos básicos da materia, considerando as habilidades, destrezas, estratexias e formulacións utilizadas polo/a alumno/a na resolución de problemas. Valorarase expresamente o grao de evolución do/da alumno/a e a súa capacidade para analizar e resolver problemas puntuais, requiríndose unha formación teórico-práctica equilibrada. |
70 |
Solución de problemas | A8 B2 B6 B9 B14 B15 B16 | Avaliarase a evolución na resolución dos problemas que se expoñan ao alumnado de forma individual ou grupal, ben nas clases interactivas ou ben na plataforma moodle da asignatura. | 20 |
Observacións avaliación | |||
O/A alumno/a poderá ser avaliado a través dunha da seguintes opcións: AVALIACIÓN CONTINUA: O traballo do/da alumno/a ao longo do curso será avaliado de forma continua a través do xeito seguinte: 1) Resolución de problemas e/ou traballos expostos nas clases de docencia interactiva: ata unha puntuación máxima de 2 puntos. 2) Prácticas de laboratorio: puntuación máxima de 1 punto. 3) Probas obxectivas finais: ata un máximo de 7 puntos. Terán lugar nas convocatorias oficiais. A calificación final do/da alumno/a que aparecerá nas actas da materia será o suma das calificacions obtidas nos apartados anteriores. asignarase a calificación de "Non presentado" a aqueles/as alumnos/as que non se presenten á proba obxectiva final. Perderase o dereito a ser avaliado polo método de avaliación contínua cando o porcentaxe de asistencia ás clases presencias sexa inferior ó 80%. Neste caso o/a estudante será avaliado/a polo método de avaliación única con exame final. Na segunda oportunidade se manterán as calificacións correspondentes ós apartados 1) e 2). Será calificado de novo o apartado 3). AVALIACIÓN ÚNICA CON EXAME FINAL: Calquera alumno/a terá dereito a seguir a avaliación final, aínda que inicialmente optase por realizar a avaliación continua. Os/as alumnos/as poderán renunciar á avaliación continua, co fin de ser avaliados polo método de avaliación única con exame final, en calquera momento do curso, a condición de que o comuniquen ao profesor/a por escrito e nunha data anterior á data de convocatoria da convocatoria oficial. A cualificación final do/da alumno/a será resultado da suma das seguintes cualificacións: 1) Proba obxectiva: puntuación máxima sobre 9 puntos. Esta avaliación realizarase coincidindo coas oportunidades oficiais. 2) Prácticas de laboratorio: puntuación máxima sobre 1 punto. IMPORTANTE: É REQUISITO INDISPENSABLE a realización das prácticas e a entrega da memoria correspondente para a superación da materia, independentemente do método de avaliación aplicado. Os /as alumnos /as que teñan feito as prácticas en cursos anteriores e entregado o informe correspondente estarán exentos da realización das mesmas no presente curso sempre e cando firmen a renuncia voluntaria nun prazo anterior ó comezo das mesmas. Neste caso: a calificación do apartado 2) será a que figure no arquivo da materia para ese alumno/a. Aqueles alumnos/as que non realicen e/ou non entreguen a memoria figurarán coa materia como NON SUPERADA. Para a obtención da cualificación de non presentado aplicásese o artigo 21 2.b das "NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO" Aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e Modificada polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2014 (texto refundido)” Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidade, teránse en conta a hora de deseñar e levar a cabo a avaliación. |
|