Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Finanzas Internacionais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A9 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 Resolución de casos prácticos concretos que esixe a aplicación dos coñecementos que previamente se traballaron na aula. Realizaranse varias probas avaliables ao longo do curso. 20
Proba mixta A4 A12 C6 O exame final consistirá nunha única proba escrita de carácter teórico que permita avaliar o nivel de coñecemento do alumno sobre os contidos recolleitos no programa e desenvolvidos na aula.

Esta proba poderá incluír preguntas tipo test.

Na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, as capacidades de análises e sínteses do alumno.


A puntuación do exame final establécese sobre un máximo de 7 puntos

70
Estudo de casos A9 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 Formulación de situacións específicas que expoñen un problema que ha de ser valorado e resolto polo alumno. 10
 
Observacións avaliación

Coa realización das probas avaliables que se desenvolverán durante o curso, o alumno pode alcanzar o 30 % da cualificación final (3 ptos.) Para superar a materia requírese unha cualificación final de cinco puntos (computada a suma da avaliación continua e o exame final). Cualificación de non presentado: Obterán a cualificación de non presentado aqueles alumnos que non se presenten ao exame final (proba mixta) e que ademais non participasen na avaliación continua realizada ao longo do curso en porcentaxe superior ao 80 %. A avaliación da convocatoria de xullo e a avaliación anticipada realizaránse cos mesmos criterios que a avaliación de xuño. Os alumnos matriculados a tempo parcial terán os mesmos criterios que os matriculados a tempo completo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes