Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Grao en Enxeñaría Informática |
Asignaturas |
Cálculo |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Cálculo | Código | 614G01003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A1 B3 | Realizaranse 2 probas de avaliación durante as clases de laboratorio, que suporán o 30% da nota final. Só os alumnos matriculados a tempo parcial que non foron avaliados da parte de prácticas de laboratorio poderán realizar unha proba específica para recuperar o 30% da nota correspondente a esta parte. | 30 |
Seminario | A1 B3 | Ao longo do curso realizarase unha proba escrita cunha cualificación dun máximo do 10% da nota. Os alumnos que non obteñan o máximo da nota correspondente a esta parte, poderán recuperar o que faltaba no exame final. Eventualmente, e previo acordo co profesor, o alumno poderá obter este 10% da nota realizando un proxecto vinculado aos Obxetivos de Desenrolo Sostible (ODS). |
10 |
Proba obxectiva | A1 B3 | O exame final, cun valor entre o 50 e o 70% (dependendo da cualificación obtida no control da Sesión maxistral e nos Seminarios) consistirá en realizar unha proba escrita tipo test. | 50 |
Sesión maxistral | A1 B3 | Ao longo do curso realizarase una proba escrita cunha cualificación cun máximo do 10% da nota. Os alumnos que non obteñan o máximo da nota correspondente a esta parte, poderán recuperar o que faltaba no exame final. |
10 |
Observacións avaliación | |||
O estudante vai rematar o período de clases cun máximo do 50% da nota, que obterá mediante dúas probas escritas (10% cada unha delas) e dúas probas para a avaliación de prácticas de laboratorio (30%). Nas datas establecidas pola Xunta de Facultade, os estudantes farán por escrito o exame final. A nota obtida no exame final reescalarase de forma que os alumnos teñan a oportunidade de recuperar a parte perdida do 20% da cualificación correspondente aos exames escritos realizados durante as sesións maxistrais e os seminarios. Non poderá recuperarse a nota correspondente á avaliación das prácticas de laboratorio. Así, a nota máxima do exame final será de entre 5 e 7 puntos sobre 10. A avaliación da Sesión maxistral, dos Seminarios e das prácticas de laboratorio dos alumnos con matrícula a tempo parcial, poderase realizar atendendo, na medida do posibe, as súas circunstancias particulares. En canto á convocatoria extraordinaria de decembro, o proceso de avaliación incluirá: a) unha proba obxectiva que puntuará un máximo de sete puntos, b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio, que puntuará un máximo de tres puntos. |
|