CRITERIOS DE EVALUACIÓN
A asinatura estrutúrase en dous bloques temáticos (un bloque sobre os temas relacionados co recurso auga e outro bloque que comprende o resto de temas). Cada bloque avalíase de forma independente mediante unha proba mixta. Esixirase un nivel mínimo de competencia en cada un dos dous bloques que configuran a materia, é dicir, cada bloque debe aprobarse e non se realiza compensación de notas entre bloques.
Se en primeira oportunidade (exame de xaneiro-febreiro) o alumno aproba un bloque e outro non, a nota do bloque aprobado se garda para a segunda oportunidade (exame de xullo), é dicir, na segunda oportunidade o alumno só deberá presentarse á parte do exame correspondente ao bloque suspenso en primeira oportunidade.
No caso de que nalgún bloque non se realice "solución de problemas", o 100% da cualificación corresponderá á "proba mixta".
BONIFICACIÓNS.- O alumno poderá conseguir as seguintes bonificacións:
(a).- Por asistencia ás clases maxistrais en cada bloque: ata 0.50 puntos. O mínimo de asistencia será do 75%. Os profesores levarán un control da asistencia a cada bloque.
(b).- Por asistir a unha visita técnica: 0.25 puntos.
Estas bonificacións poderán ser aplicadas só cando o alumno obtivese máis dun 4,5 na nota de avaliación da proba estándar.
"O primeiro día de clase, os profesores explicarán detalladamente estes criterios de avaliación".