O estudo da economía mundial debe basearse na localización dos elementos esenciais que definen e identifican a realidade socio-económico que vai ser estudada. A economía internacional é concibida como un sistema interdependente no que o principal dinamismo xorde do centro capitalista, aínda que os seus efectos se espallan velozmente, hoxe en día, a todos os países do mundo. Xa que logo, débese comezar identificando os agregados macroeconómicos e indicadores socioeconómicos que van permitir facer unha clasificación dos países según o seu nivel de renda, crecemento, grado de desenvolvemento e inserción externa. A metodoloxía exixe utilizar as fontes estadísticas económicas nacionais e internacionais máis relevantes. Unha vez dado ese paso e debido a que a realidade económica en estudo consta dunha chea de feitos e relacións faise unha presentación dos principais organismos económicos internacionais que participan do proceso globalizador dende a II Guerra Mundial.
A economía española forma parte do grupo de países industrializados, democráticos e desenvolvidos e participante dun proceso de integración económica europea como e a Unión Económica e Monetaria. A asignatura “Economía Mundial e Española” inclúe o estudo e análise da evolución da economía española, a especialización produtiva e comercial e a súa participación das relaciones económicas internacionales nun mundo globalizado. No caso do grado en Empresariais e Turismo e Empresariais e Arquitectura Técnica farase unha análise sectorial específica do turismo e construcción e a súa repercusión sobre o crecemento e a produtividade da economía española.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías