Discusión dirixida |
B2 B4 |
Ao final farase unha reflexión crítica dos aspectos programados apra o caso clínico ou ben das lecturas realizadas. |
10 |
Sesión maxistral |
A4 A5 B2 B4 C7 |
Asistencia a clase para recibir os contidos teóricos e prácticos |
10 |
Portafolios do alumno |
A5 B2 |
O alumnado fará un portafolio coas intervencións realizadas. |
40 |
A avaliación realizarase de forma individualizada. A avaliación será continua e incluirá unha valoración cuantitativa do rendemento de cada estudante en cada actividade realizada (incluídas as probas de exame que se poidan programar). Estas actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por materia. Nel os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos
realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este portafolios estará dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en todo caso, será entregado ao finalizar as clases presenciais da materia para a súa supervisión e cualificación.
Cada profesor avaliará as actividades realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, nos créditos que teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media das cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor será ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar probas puntuais de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa cualificación considerarase como parte do portafolios da materia, sen que o seu peso poida superar o 50% da nota total asignada ao portafolios. O resto da
cualificación virá determinada polos criterios seguintes:
- Asistencia a clase (por enriba do 80%): 10%
- Realización de lecturas e traballos tutelados: 30%
- Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%
|