Investigación (Proxecto de investigación) |
A3 A21 A28 C6 |
Valoraranse as habilidades asociadas ao desenvolvemento da metodoloxía científica: identificación de problemas, deseño procedimental, análise e interpretación de resultados, uso de datos para argumentación e emisión de conclusións.
A súa realización é de carácter obrigatorio e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada. |
30 |
Proba de ensaio |
A35 C7 |
Valorarase a adquisición de coñecementos e destrezas derivados da impartición do curso e, especialmente, a capacidade analítica e interpretativa do alumnado. A súa realización é de carácter obrigatorio e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada. |
50 |
NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:
- Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica concedida que lles exime da asistencia á clase:
1. Deberán poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase.
2. Serán avaliados a través dos traballos de investigación e dunha proba individual sobre actividades de carácter práctico que plantean situacións-problema, ademais da proba de ensaio. A súa nota final será a media das cualificaciones obtidas, solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.
- Este modelo de avaliación será o mesmo para aqueles que non cumpran a asistencia do 80% das sesións presenciais.
|