Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Educación Social |
Subjects |
Counselling and Employment Policies |
Assessment |
|
|
|
Identifying Data | 2019/20 | |||||||||||||
Subject | Counselling and Employment Policies | Code | 652G03031 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Third | Optional | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Student portfolio | B2 | O portafolio estará formado por todos os exercicios que se vaian facendo ao longo da materia, máis unha valoración final por parte do alumnado das aprendizaxes realizadas na materia. Os traballos a incorporar son: - Análise semanal do DOG durante o período lectivo. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente, por cada unha das políticas que se publican. Valorarase a presentación, a síntese da información contida na ficha, e o número de políticas recompiladas. - Exercicio de autocoñecemento. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise. - Exercicio de ficha ocupacional. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise. - Exercicio de análise da formación. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a profundidade da análise. - Exercicio de mapas conceptuais. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise. - Exercicio sobre ferramentas de busca de emprego. Elaboración dunha ficha predeterminada polo docente. Valorarase a presentación e a síntese da análise. - Exercicio de valoración final. Aprendizaxes adquiridas na materia (qué sabía, que aprendín, en qué seguir formándome). Relación/vinculación das aprendizaxes realizados coas materias cursadas no grao. Aspectos da materia observados no Practicum I e aspectos da materia a observar no Practicum II. Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar. |
100 |
Assessment comments | |||
ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. A asistencia xustifícase en base a que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos procedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia. O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado na clase. O alumnado que non asistan ó 80% das horas de clase terá unha cualificación de non presentado. O alumnado que non presente todos os traballos da materia terá unha cualificación de non presentado. Na oportunidade de xullo, o alumnado realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula. Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial solicitarán unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer o réxime de asistencia, as actividades a realizar, o sistema de avaliación, e o proceso de supervisión e seguimento. REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA A cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio do alumnado, sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar a materia. Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia e/ou non presenta o portafolio, terá unha cualificación de non presentado. Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula. PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso. FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua. NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf |
|