Portafolios do alumno |
A2 A5 A7 B2 B4 B6 B8 B9 C1 C2 C9 C10 C11 C15 C18 |
Cada alumno/a elaborará un portafolios que reunirá as actividades plantexadas pola docente e desenvolvidas nas sesións interactivas (lecturas, comentarios críticos, esquemas, resumos, etc.) e que será entregado periodicamente nas datas indicadas previamente pola profesora.
Na súa avaliación teranse en conta tanto a pertinencia do seu contido, valorándose especialmente as achegas críticas do alumnado, como a corrección da súa forma.
Neste apartado considerarase tamén a asistencia e participación ao conxunto das clases do curso. |
25 |
Traballos tutelados |
A4 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C6 C1 |
Realizarase un traballo individual relacionado cos contidos teóricos da materia. As instruccións precisas serán proporcionadas pola docente ao comezo do curso.
Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema propuesto, o contido, a coherencia da súa estructura, a redacción e a presentación.
Non serán avaliados os traballos presentados fóra de prazo. |
25 |
Proba mixta |
A3 B1 B3 B4 B5 B8 C1 |
Avaliaranse os contidos das respostas, a adecuación das mesmas ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
Non se corrixirán aquelas respostas que conteñan faltas de ortografía ou non contesten ó tema exposto. |
50 |