A Materia Patoloxía Podológica 2, enmárcase dentro do módulo 4 do Plan de estudos de Grao en Podoloxía. Trátase dunha materia do 1º cuadrimestre do 3º curso e nela desenvolveranse coñecementos relacionados cos procesos patolóxicos sistémicos e específicos do pé con relevancia podológica. Revisaranse as principais características fisiológicas e patolóxicas na idade infantil así como na idade xeriátrica.
A abordaxe do estudo as diferentes patologias e afeccións realizarase desde o punto de vista clínico e funcional, integrandose deste xeito o estudo da semiología das patologias podológicas e as manobras de exploración física así como o uso e interpretación de probas complementarias nos diferentes procesos patolóxicos do pé do ancián e do infante.
Os contidos que se imaprtirán nesta materia son: Procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica. Cambios fisiolóxicos da extremidade inferior e características da marcha nas diferentes etapas de crecemento. Patoloxía podolóxica infantil. Deformidades conxénitas. Asimetrías. Enfermedades raras e a súa repercusión no pé. Fisiopatoloxía do envellecemento músculo-esquelético. Características da marcha do ancián. Patoloxía podológica no ancián
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
A natureza da materia permite manter os mesmos contados no caso de que se produza una nova situación de confinamento que impida a presencialidade.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión Maxistral (TEAMS)
Seminarios (TEAMS)
Estudos de casos (TEAMS / MOODLE)
Atención persoalizada
Proba mixta (TEAMS/ MOODLE)
*Metodoloxías docentes que se modifican
RESUMO: sustituirÁse por un PORTAFOLIO DO ALUMNO no que se traballará o resumo dos temas e se realizarán actividades por cada unidad didáctica.o alumno entregará as actividades es resumos nos prazos establecidos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Correo electrónico: De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos estudos de casos, seminarios ou portafolio.
Moodle: Estableceranse foros de dubidas e casos clínicos.
Teams: sesions semanais de lección maxistral. Seions de seminarios e estudos de casos. Encontros de titorización.
4. Modificacións na avaliación
Estudo de casos(25%): Suprimes a proba de estudo de casos na avaliación final, a porcentaxe será sustituida polo traballo individual de casos propostos.
A data de entrega dos citados casos será concertada coa alumnado en función da evolución da docencia.
Portafolio do alumno(25%): Pasará a ser obrigatoria a entrega dos resumos dos temas e actividades propostas de cada unidade temática, nas que se incluirán as actividades dos seminarios. Computará un 25% da calificación final da materia.
Proba Mixta: Realizaráse una proba final a través da Plataforma Moodle e Teams. Computará o 50% da calificación final.
*Observacións de avaliación: Para superar a materia o alumnado deberá alcanzar a métade da puntuación en cada unha das metodoloxias.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
O profesorado facilitará o acceso os materiais necesario para a materia
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías