O Prácticum consiste en prácticas clínicas que se desenvolverán principalmente na Clínica Universitaria de Podoloxía da Universidade da Coruña co fin de desenvolver as competencias que permitan ao alumnado incorporar á súa formación as competencias fundamentais e os valores profesionais para o exercicio da profesión podolóxica. Estas prácticas clínicas inclúen a participación do alumnado no proceso de atención podolóxica integral con pacientes reais, sempre baixo a supervisión dun profesional que guiará ao alumnado no proceso da aprendizaxe clínica. Tamén se desenvolverán outras actividades en forma de seminario ou sesións clínicas nas que se abordarán contidos e competencias relacionadas coa práctica clínica como o estudo e discusión de casos clínicos, interpretación de probas complementarias ou realización de informes.
Para cursar as materias do Prácticum os alumnos/as deben obter previamente 90 créditos da primeira metade do plan de estudos, de entre os cales deben de obter obrigatoriamente os correspondentes ás materias de: Podoloxía Xeral, Biomecánica do membro inferior, Ortopodoloxía 1 e Ortopodoloxía 2, Quiropodoloxía 1 e Quiropodoloxía 2.
Os contidos que se desenvolverán no Prácticum I son: Método clínico en podoloxía. Historia clínica podológica: rexistro da información obtida. Técnicas de exploración física. Actividades radiolóxicas propias da podoloxía. Probas complementarias e a racionalización do seu uso. Diagnóstico e prognóstico. Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. Protocolos: execución e avaliación. Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos. Elaboración e interpretación de informes clínicos. Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica. Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes. Calidade asistencial na práctica da podoloxía. Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas
Plan de continxencia
Dado que esta materia ten lugar no segundo cuadrimestre e trátase dunha materia de práctica clínica asistencial de carácter presencial, o presente plan de continxencia recolle liñas xerais que poden sufrir modificacións en función da evolución da pandemia COVID-19, agás o recollido no apartado da avaliación, que será de aplicación para a superación da materia.
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
Non se propoñen cambios a espera de coñecer a evolución da pandemia para o segundo cuadrimestre do curso
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams, Moodle, e Correo electrónico. Temporalización acordada cos estudantes segundo necesidade e dispoñibilidade de ambas as partes e unha vez establecidos os cambios nas metodoloxías, de ser necesarios.
4. Modificacións na avaliación
Para poder ser avaliados e optar a superar a materia do Prácticum I, os estudantes deberán superar un número de horas mínimo equivalente ao 75% das horas presenciais de práctica clínica recollidas no apartado "Planificación", porcentaxe que implica a realización de 180 horas de práctica clínica presencial, e a superación do examen individual nos servizos de rotación na Clínica Universitaria de Podoloxía.
Observacións de avaliación:
No caso de que un confinamiento ou estado de alarma durante o periodo lectivo impida acadar o 75% da presencialidade mínima para superar a materia, será obligatorio, recuperar as horas de práctica presencial, en canto sexa posible, fora do periodo lectivo, así como a realización do exame individual. De existir a posibilidade, recuperase o 100% das horas de práctica clínica como criterio obrigatorio para superar a materia, agás a porcentaxe de horas de faltas xustificadas indicado na guía docente para o suposto dun desenvolvemento normal das prácticas.
Manterase a avaliación e a súa porcentaxe das metodoloxías na que todo o alumnado tivese a opción de ser calificado. As metodoloxías presenciais nas que non exista opción a manter a posibilidade de calificación verán redistribuida o peso na avaliación nas metodoloxías nas que sí exista a opción de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías