Ao remate do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia de Psicoloxía Aplicada e Saúde o/a alumno/a deberá contar cos coñecimentos de introducción ao estudo do comportamento necesarios que lle capaciten para estabelecer e realizar unha relación axeitada co cliente - pacente, familia e grupo. Igualmente estará capacitado para integrar ditos coñecimentos na prestación de coidados integrais ao cliente-pacente.
Adquirirá unha visión ampla do concepto de saúde e dos principais modelos e sistemas sanitarios, ademais de identificar problemas de saúde da comunidade e coñecer as medidas preventivas máis adecuadas. O alumno coñecerá e saberá aplicar os fundamentos da Demografía como parte fundamental da Epidemioloxía e da Saúde Pública
Plan de continxencia
MODIFICACIÓN NOS CONTIDOS
- Non se realizarán cambios
METODOLOXÍAS
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías propostas
**Metodoloxías docentes que se modifican
Manteñense todas as metodoloxías propostas, que se aplicarán de modo non presencial na súa totalidade a través de Teams e Moodle
MECANISMOS DE ATENCIÓN PERSONALIZADA AO ALUMNADO
Utilizaranse as seguintes ferramentas na atención personalizada ó alumnado:
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar tutorías presenciais ou virtuais.
- Moodle: Diariamente. Disporase de foros para formular as consultas necesarias sobre os contidos da materia. Utilizarase para a entrega e comentarios de retroalimentación aos traballos que se soliciten no desenvolvemento da materia.
- Temas: Semanalmente. Empregarase para tutorías virtuais de xeito individual ou grupal para a resolución das dudas relacionadas cos contidos da materia e a elaboración das tarefas propostas
MODIFICACIÓNS NA AVALIACÓN
Mantense o sistema de avaliación establecido na guía docente. As probas obxectivas dos bloques de Psicoloxía e Saúde Pública realizaranse virtualmente a través de Moodle/Teams.
OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.
MODIFICACIÓNS DA BIBLIOGRAFÍA OU WEBGRAFÍA
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías