Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Bioloxía
Coordinación
Vila Taboada, Marta
Correo electrónico
marta.vila.taboada@udc.es
Profesorado
Becerra Fernandez, Manuel
Vila Taboada, Marta
Correo electrónico
manuel.becerra@udc.es
marta.vila.taboada@udc.es
Web
Descrición xeral
Denomínase xenómica ao estudo integral do funcionamento, evolución e orixe dos xenomas. A xenómica utiliza coñecementos derivados de distintas disciplinas como xenética, bioloxía molecular, bioquímica, informática, estatística, matemáticas e física.
A diferenza da xenética clásica que a partires dun fenotipo (xeralmente mutante) procura o xene ou xenes responsables dese fenotipo, a xenómica ten como obxectivo predicir a función dos xenes a partir da súa secuencia ou das súas interaccións con outros xenes.
As denominadas ciencias ómicas están na vangarda da ciencia, feito debido ás posibilidades abertas polas novas tecnoloxías de secuenciación masiva, aos avances en bioinformática e aos algoritmos cada vez máis sofisticados para análise de xenomas completos.
Plan de continxencia
En caso dun novo confinamento por mor da covid19:
1. Non haberá modificacións nos contidos.
2. Todas as clases (teóricas e prácticas) pasarán a realizarse mediante videoconferencia por TEAMS.
3. Os mecanismos de atención personalizada ao alumnado serán vía email, videoconferencia ou chat implementado en TEAMS.
4. A única modificación da avaliación será que todo o alumnado será avaliado de xeito remoto.
5. Non haberá modificacións da bibliografía ou webgrafía. De ser preciso, o profesorado facilitará os recursos necesarios ao alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías