A materia “Química” do Grao en Química forma parte dos 60 créditos do Módulo de Formación Básica en Ciencias. A súa finalidade é proporcionar ao alumnado competencias e coñecementos homoxéneos sobre os principios básicos da química sobre os que se desenvolverán, a través das materias específicas, as competencias propias do título.
A “Química 1” é a primeira das catro materias nas que, por razóns de planificación docente, foi dividida a materia "Química" no plano de estudos da UDC. Nela introduciranse, a un nivel básico e meramente cualitativo, a estrutura da materia, átomos, elementos e compostos, partindo tanto do modelo de interaccións entre núcleos atómicos e electróns como dos de interaccións entre átomos; plantexando a relación existente entre estrutura e propiedades e a maior ou menor capacidade dos modelos para xustificalas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
No caso desta materia non hai modificacións dos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Lecturas (computa na avaliación)
- Clase maxistral
- Solución de problemas (computa na avaliación)
- Obradoiro (computa na avaliación)
- Proba obxectiva (computa na avaliación)
- Proba mixta (computa na avaliación)
Todas as actividades presenciáis realizaranse virtualmente nas plataformas de teletraballo utilizadas pola UDC. No caso de que parte do alumnado non puidese continuar coa docencia presencial, utilizaranse medios asincrónicos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, material multimedia específico...)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non hai modificacións
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: servirá para facer consultas, solicitar reunións virtuais, para resolver dúbidas, etc.
- Moodle: diariamente. Segundo as necesidades do alumnado.
- Teams: Periódicamente, os profesores poden chamar aos estudantes a titorías, que se realizarán nos momentos máis adecuados para cada alumno, coa intención de que reciban a orientación necesaria en avaliación continua. Independentemente das titorías propostas polo profesorado, os estudantes poden asistir a titorías, a petición propia, tantas veces como queiran, e no momento que sexa máis adecuado para eles, a través de reunións virtuais individuais ou para grupos de estudantes.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación realizarase mediante plataformas como Moodle, ferramentas de paquetes de Office 365 e aplicacións dispoñibles en Internet.
*Observacións de avaliación:
Non hai modificacións
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías