Dereito e biomedicina examina as respostas xurídicas ás cuestións relativas á vida e a saúde, dous valores individuais e sociais moi aprezados
Mediante o estudo das fontes normativas e bibliográficas, a análise de casos, sesións maxistrais e seminarios, os estudantes coñecerán polo miúdo como protexe o Dereito a vida e a saúde e como responde ás novidades biomédicas e biotecnolóxicas, prestando especial atención á perspectiva dos dereitos humanos e ás resolucións dos Tribunais Constitucionais e mais ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Sen modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as metodoloxías docentes previstas, que serán desenvolvidas a través de Teams.
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Teams: tutorías a solicitud dos estudantes no horario previsto.
Moodle: Empléase para pór a disposición dos estudantes materiais para axudar a preparar os temas expostos nas sesións maxistrais coa frecuencia necesaria a tal efecto. Emprégase tamén para a comunicación xeral cos estudantes a través do foro de novas.
4. Modificacións na avaliación:
Non se prevén cambios, agás no método de realización da proba (de presencial a a distancia).
*Observacións de avaliación:
A proba de resposta múltiple (examen tipo test) está prevista inicialmente como presencial. De non poder ser realizada presencialmente, será realizada a distancia, a través de Moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Sen cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías