Estudo das numerosas e complexas manifestacións da lingua inglesa, agás as consideradas estándar.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Ningunha a non ser en caso de forza maior, no cal os contidos poderían reducirse e/ou adaptarse.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Discusión dirixida, taller, traballo tutelado e presentación oral.
*Metodoloxías docentes que se modifican: As clases impartiranse a través de audios e/ou vídeos gravados en Moodle e/ou Microsoft Teams. Crearei un foro de debate ou un chat para discutir os temas do curso e un canal para colgar os vídeos. Os exercicios escritos enviaranse por email e/ou Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Email e/ou vídeo-tutoría en Teams.
4. Modificacións na avaliación: Vid. abaixo.
*Observacións de avaliación: Os tests realizaranse a través de Moodle. O ensaio enviarase por email e os exercicios por Moodle. As dúas presentacións orais (a obrigatoria e a opcional) gravaranse en vídeo e subiranse á plataforma correspondente (ex. Microsoft Teams).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías