Esta materia destaca a importancia de seguir un proceso de desenvolvemento software de calidade, diferenciando o proceso de desenvolvemento artesán do enxeñeiro. Concretamente, a materia centrase nas tarefas incluídas nas distintas etapas do ciclo de vida do proceso software: planificación, análise, deseño, codificación, verificación e validación. Finalmente, preséntase ao alumno os conceptos básicos da calidade do software.
Contingency plan
Este plan aplicarase unicamente se suceden casuísticas extremas que obriguen a tomar medidas extraordinarias como podería ser un confinamento polos rebrotes provocados polo COVID.
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios
2. Metodoloxías
Se manteñen as mesmas metodoloxías excepto o mecanismo de avaliación e a impartición que cambiaría de presencial por telemática a través de Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Uso de Moodle para proporcionar o material ao alumnado. Uso do foro de Moodle para comunicar todos aqueles eventos da asignatura (modificacións, entregas de prácticas, etc.). Docencia síncrona en horario de clase e asíncrona a través de Teams. Tutorías a través do correo electrónico de forma continua.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
Se o exame final non se pode facer de maneira presencial o método de avaliación modifícase para empregar un método onde a avaliación continua sexa o 100% da cualificación final.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.