Esta materia céntrase no estudo de técnicas de integración de aplicacións empresariais. Para elo analiza as diferentes aproximacións existentes tanto para facilitar a integración como para xestionala. Para ilustrar todos estes conceptos xerais, farase uso de tecnoloxías utilizadas habitualmente na industria para estes propósitos, como servicios web RESTFul, e sistemas de integración orientada a servizos (SOA). O enfoque da materia é fundamentalmente práctico, polo que se proporcionan múltiples exemplos de código durante as clases teóricas, e a práctica ten un forte impacto na nota final da materia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Ningunha.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.
As sesións maxistrais xa estaba previsto impartilas a través de Teams.
A docencia correspondente á parte práctica (prácticas de laboratorio e traballos tutelados) tamén estaba previsto impartilas a través de Teams, con sesións grupais cando fose preciso explicar contidos e sesións privadas para atender dúbidas individuais de cada alumno ou grupo de prácticas (de maneira semellante a como se procede nos laboratorios de prácticas).
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mantéñense as recollidas no apartado correspondente da guía docente.
4. Modificacións na avaliación
A proba de resposta múltiple realizaríase a través de Moodle.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as recollidas no apartado correspondente da guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías