O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumnado o coñecemento básico necesario para a administración de sistemas informáticos. Isto inclúe a administración e despregamento de infraestruturas servidor e clúster facendo uso de tecnoloxías de virtualización e almacenamento en rede. A orientación da materia é eminentemente práctica, traballando con tecnoloxías, ferramentas e servizos habituais nestas contornas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Sen modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Prácticas de laboratorio
- Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Proba mixta: realizarase de xeito non presencial a través dunha proba en liña mediante Moodle ou plataforma similar.
- Sesión maxistral: modifícase para adaptarse a unha situación de docencia a distancia onde os contidos da materia pasan a expoñerse mediante videoleccións gravadas que se suben á plataforma Microsoft Stream e fanse accesibles tamén en Teams/Moodle. O profesorado resolverá dúbidas sobre os contidos tratados nos vídeos durante a franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade, ademais dos horarios de titorías.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. Resolución de dúbidas, solicitude de citas para encontros virtuais e orientación/seguimento dos traballos tutelados. Resolución baixo demanda de calquera outra cuestión relacionada coa materia en calquera das súas dimensións.
- Moodle: Diariamente. Canle principal utilizado para os avisos importantes da materia e para organizar todo o material das clases teóricas e prácticas. Puntualmente poderíase empregar para resolución de dúbidas comúns facendo uso de foros especializados.
- Teams: Diariamente. Resolución de dúbidas baixo demanda en horario de titorías e orientación/seguimento dos traballos tutelados facendo uso de chats privados cos/as alumnos/as. Puntualmente poderíase empregar para a defensa de prácticas e/ou traballos tutelados facendo uso de videochamadas onde o/a alumno/a compartiría o seu escritorio co profesor para amosar o traballo realizado. Tamén sería posible a resolución de dúbidas deste modo se o profesor o considera necesario e sempre dependendo das necesidades do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as metodoloxías avaliadas e os seus pesos na cualificación global pero adaptadas para realizarse de xeito non presencial mediante probas avaliables en liña.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas condicións globais para aprobar a materia tanto para a primeira oportunidade como para a segunda.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen cambios no material bibliográfico.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías