Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Arquitectura |
Grao en Estudos de Arquitectura |
Asignaturas |
Xeometría Descritiva |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Xeometría Descritiva | Código | 630G02003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A3 A4 A5 A6 A10 | Na que se expoñen as bases do coñecemento da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases o alumnado terá unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de debuxos na lousa, proxeccións en pantalla e sistemas informáticos (Tics). Tomará notas e formulará preguntas sobre os temas expostos. Ten por obxecto desenvolver os temas, proporcionando tanto os conceptos como as ferramentas necesarias para a súa comprensión desde unha perspectiva na que a arquitectura se atopa sempre presente. | 0 |
Obradoiro | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A63 B1 B4 B5 B12 C3 C4 C5 C6 C7 | É aquí onde o alumnado participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder e experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios: 1.- Prácticas de debuxo sobre taboleiro cunha dedicación dunha sesión por práctica (cualificación 30%) 2.- Prácticas especiais como control do proceso de aprendizaxe do alumno (cualificación 40%). Estas prácticas poderán constar de contidos teóricos. Elíxense para o desenvolvemento destas prácticas gráficas, modelos arquitectónicos de prestigiosos arquitectos/arquitectas ou elementos que se consideren axeitados, cuxos procesos de formalización sexan claros e definibles, co obxecto de que o alumnado vaia formando unha cultura arquitectónica. Todos os exercicios son obligatorios entregándose na misma sesión do obradoiro. |
70 |
Proba práctica | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B4 B5 B12 C6 C7 | 1ª OPORTUNIDADE A superación da materia na primeira oportunidade será o resultado de avaliación continua, polo que non haberá proba final. A calificación do curso quedará definida do seguinte xeito: 30% prácticas semanais 40% prácticas especiais, será necesario alcanzar unha media de 5. 20% portfolio 10% traballo CAD 2ª OPORTUNIDADE (XULLO) Realizarase unha proba final en xullo para todos os/as alumnos/as que a pesar de seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado na primeira oportunidad. Poderá constar de contidos de caracter teórico e práctico Deben cumplir as condicións seguintes: - 80% asistencia e entrega de todas as prácticas semanais. - Entrega do portafolios, e do traballo en CAD A cualificación mínima da proba para superar a materia será de 5 puntos sobre 10. A nota final será resultado da proba práctica e do traballo desenvolvido ao longo do curso. |
0 |
Aprendizaxe colaborativa | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B1 B4 B5 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Formularanse traballos en grupo que deberán desenvolver a man alzada e en CAD e TICS. As horas presenciais correspondentes a esta metodoloxía dedicaranse á formulación do traballo, a unha serie de clases teóricas, e ao seguimento colectivo e/ou personalizado de dito/s traballo/s proposto/s. |
10 |
Portafolios do alumno | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A63 B4 B5 B12 C1 C2 C3 C6 C7 C8 | O portafolios ou cartafol inclúe: 1.-Apuntes teóricos "personais"de clases maxistrais. 2.-Practicas gráficas realizadas nos obradoiros, incluídas as especiais que deberán ser repetidas de xeito autónomo para emendar todos os erros cometidos na clase presencial. E obrigatória a supervisión e control semanal. 3.-Prácticas gráficas realizadas de modo non presencial. Estes traballos do porfolio son de carácter abrigatorio e imprescindibles para aprobar por curso e/ou para presentarseá primeira ou a segunda oportunidade. O portafolios deberá ser entregado xunto coa practica especial correspondente e será devolto unha vez finalizada a súa cualificación e a súa revisión |
20 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia na 1ª oportunidade e/ou 2ª oportunidad aquel alumnado que, de modo xustificado, non podan cumplir o 80% da asistencia e entregas de practicas e traballos tutelados, o profesorado definirá de xeito particularizado as condicions de avaliación. |
|