Capacitar ós alumnos en todos os aspectos relacionados coas Comunicaciones Marítimas co obxetivo de que consigan a capacidade necesaria para manexar todos os equipos seguindo os procedementos establecidos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Computaranse as prácticas que se poideron facer presencial con tarefas engadidas, con participación mínima do 80%
Realizaranse tarefas propostas para poder facer unha evaluación continua
Farase unha proba obxetiva a través da ferrametna moodle, a nota será sumada á obtida cas tarefas encomendadas
Aquel estudante que posúa o título de operador de GMDSS terá un 5 asignatura (podendo obter máis puntuación se realiza a proba obxetiva)
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral: a través da ferramenta teams no horario indicado polo centro.
Traballos tutelados
Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas en simulador: deixaranse para poder realizarse en canto sexa posible, xa que as prácticas levan consigo un certificado de especialidade. Serán evaluadas aquelas que se poideran realizar xunto con unhas tarefas relacionadas indicadas pola profesora.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento das tarefas encomendadas.
Moodle: Semanalmente. Para acceso ó temario da materia e para as tarefas encomendadas.
Teams: en día e hora proposta en xunta de escola das clases maxistrais, conexións propostas a maiores para discusión dirixida de tarefas. Ademáis de todas aquelas conexións precisas por parte do alumnado proposta con antelación.
4. Modificacións na avaliación
METODOLOXÍA PESO NA CUALIFICACIÓN DESCRICIÓN
PRACTICAS 20% VALORACIÓN DAS PRACTICAS FEITAS NO SIMULADOR XUNTO CON UNHA
TAREFA
TAREFAS 30% UNHA SERIE DE CASOS A DESENROLAR
PROBA TEST 50% PROBA TIPO TEST PROPOSTA NO MOODLE
*Observacións de avaliación:
Para o alumnado con dedicación completa, alumnado a tempo parcial, requisitos para superar a materia, condicións da avaliación na 2ªoportunidade, etc...)
Evaluación continua: farase unha proba "exame prefinal" coa data consesuada co alumnado, para a realización de dita proba é indispensable a entrega das tarefas propostas
1ª oprotunidade: evaluación contínua como se sinala no apartado 4 (sumando prácticas+tarefas+proba test)
2ª oportunidade: prácticas que contarán o 20% ( tendo que entregar unha tarefa que se propoña a maiores das prácticas que poideron ser realizadas no simulador) e mais a proba tipo test que contará o 80% restante.
A) alumnado con dedicación completa:
asistencia /participación nas tarefas correspondentes ás prácticas mínimo 80%
B)alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (arts.2.3;3.b e 4.5)(29/5/212):
asistencia/participación nas tarefas correspondentes ás prácticas mínimo 80%. De non poder asistir ás sesións maxistarais acordarase coa profesora titorías.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se fan modificacións da bibliografía respecto á guía docente, somente se facilita ó estudante unha serie de apuntes a través de moodle para poder superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías