Dacordo coas indicacións recibidas da Reitoría e da Facultade, aavaliación será continua e presencial; se as circunstancias non o permitir,adoptarase un modelo non presencial sobre as plataformas institucionais da UDC,mantendo na medida do posible a metodoloxía e as probas de avaliación que noseu caso se realizasen ate o momento.
Dispoñibilidade de recursos técnicos : se asituación sanitaria o aconsella, o equipo docente pode acordar que o traballoordinario e as probas de avaliación se desenvolvan en soporte electrónico,incluíndo aquelas que se poidan realizar na aula. Os alumnos son responsablesde dispor, dende o inicio de cuadrimestre, dos medios necesarios para acceder arecursos electrónicos e no seu caso realizar unha avaliación en formato electrónico.Se carecen celes, poden consultar á UDC a posibilidade de que lles sexanfacilitados, nos termos do documento de “Orientacións para a programación daactividade docente: curso 2020-2021 ”
Cualificación de non presentado : corresponde ós alumnosque participen unicamente de actividades de avaliación que teñan unhaponderación inferior ó 20% na cualificación final, con independencia dacualificación acadada.
Segunda oportunidade : os alumnos que non superen amateria na primeira oportunidade poderán facelo na segunda se obteñen alomenoscinco puntos sumando o resultado dun exame final, valorado cun máximo de cuatropuntos, e a maior das seguintes: a cualificación da avaliación continuapreviamente obtida, e a dun exame de recuperación valorado sobre un máximo decatro puntos.
Oportunidade adiantada : avaliarase a partir dun examensobre 10 puntos.
Uso de dispositivos : durante as sesións presenciais non está permitido emprega-los móbiles,ordenadores, etc. a menos que esta xustificado pola actividade académica e, encalquera caso, exista autorización previa por parte dos profesores. Durante asprobas de avaliación estes dipositivos deberán estar apagados e fóra da vista,a menos que o seu uso se autorizase. O incumprimento destas normasinterpretarase como fraude, coas consecuencias académicas que se deriven.