- Coa finalidade de contribuir ao desenvolvemento das
competencias dixitais docentes (especialmente vinculados coa
Alfabetización Informacional -ALFIN- e a curación e produción de contidos
dixitais) dende esta materia recoméndase ao alumnado a construción dun
banco de recursos dixitais persoal no que poida organizar e categorizar
material de interese para o desenvolvemento da materia (artigos
científicos, experiencias, ferramentas e aplicacións didácticas, páxinas
web institucionais vinculadas coa educación escolar, blogues
especializados e de boas prácticas, etc). Recoméndase para iso, o uso de
marcadores sociais ou aplicacións dixitais específicas que lles permitan
categorizar ou asignar etiquetas coas que mellorar a súa clasificación e
consulta posterior. Todo iso resultaralle de gran interese á hora de
contrastar a teoría e a práctica educativa mediante o Practicum do
Mestrado, así como para construír a fundamentación teórica do futuro
Traballo Fin de Mestrado (TFM).
- Recoméndase que a entrega dos traballos sexa feita a
través da plataforma Moodle e -de non ser posible- non empregar plásticos,
elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar
imprimir borradores. Débese facer un uso sostible dos recursos e dében
previr impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a
importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Ante a
incorporación de “Igualdade de Xénero” como materia de libre configuración
autonómica no curso 2016/2017 na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria
(ESO) e a materia “Coeducación para o século XXI” na etapa de Bacharelato no
2018/2019, na materia de Didáctica, Currículo e Organización Escolar
tratarán de desenvolverse obxectivos, contidos e actividades tendentes á
formación do futuro profesorado en cuestións relativas á concienciación sobre a
violencia de xénero, a igualdade entre mulleres e homes e a coeducación. Debido
a isto, recoméndase ao alumnado, empregar unha linguaxe inclusiva, contemplar a
perspectiva feminista nos seus traballos e entregas de aula e evitar a
manifestación de calquera tipo de discriminación, prexuízo ou minusvaloración
por razón de xénero no contexto desta materia.
|