Proba mixta |
A5 A7 A9 A10 A30 A34 A37 |
Que constará de preguntas tipo test de resposta múltiple (o 50% da cualificación da proba) e preguntas de desenvovemento con resposta breve (50% da proba). |
40 |
Para que os estudantes poidan ser avaliados segundo a
planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións interactivas, do
80%. Para superar a materia deberán aprobar a proba mixta e o
portafolios grupal. No portafolios, a avaliación pode ser diferente para cada
membro do grupo xa que estará supeditada ao grao de implicación amosado por
cada persoa. Na presentación oral, deberán participar todos/as os/as
integrantes do grupo para poder ser avaliados/as. No caso de non aprobar unha
delas, a cualificación final da materia será como máximo de 4 puntos
(correspondendo cun 10 no portafolios). O ALUMNADO QUE ASISTA A MENOS DUN 80% DAS SESIÓNS
INTERACTIVAS, deberá realizar un exame de carácter teórico-práctico que será o
100% da cualificación final. É preciso ter superadas as diferentes partes que
compoñan o mesmo. A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios
de avaliación que a primeira oportunidade.
|