Plan de continxencia |
IMPORTANTE: Aínda que esta materia se deseña no marco do modelo híbrido, de acordo co MODELO DOCENTE DA FACULTADE DE CC DA EDUCACIÓN PARA O CURSO 20/21 POR MOR DA COVID-19 (Aprobado pola Xunta de Facultade o 13 de xullo de 2020), se o número de matrícula na mesma se reduce, como ven sendo habitual, e dita matrícula non excede da capacidade recomendada nas aulas, será impartida na súa totalidade de forma presencial.
Na modalidade híbrida, a docencia que se imparta de maneira non presencial seguirá os criterios que se indican no Plan de continxencia que se exppón a continuación. .
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Lecturas
- Atención personalizada
- Sesión maxistral
- Traballos tutelados (computa na avaliación)
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Proba obxectiva Non se realizará e no seu lugar levarase a cabo unha “Proba de solución de problemas” que para o alumnado que cumpra cos criterios de asistencia da docencia presencial impartida ata o momento, será de carácter grupal. Para o alumnado non asistente, a devandita proba será de carácter individual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico. Diariamente para a resolución de dúbidas puntuais e, no caso de que o volume de correos así o requira, as consultas serán arquivadas e respondidas no horario de titorías establecido pola profesora.
- Moodle. Repositorio de documentos de lectura obrigatoria, así como das presentacións das cláses expositivas que foron gravadas de forma síncrona ou asíncrona. Publicación das indicacións e materiais necesarios para a realización dos traballos tutelados. Publicación de indicacións para a realización do Portafolios do alumnado e a proba de Resolución de problemas. Publicación de cualificacións finais provisionais e definitivas. Poderán existir “Foros de actividade específica” ou “ Foros temáticos asociados aos módulos” no caso de ser preciso.
-
- Microsoft Teams. A profesora estará dispoñible a través de Teams nos horarios oficialmente destinados á materia, tanto para a realización de actividades docentes como de titorías. Tamén se desenvolverán sesións de titoría de acordo aos horarios oficiais e opcionalmente a petición do alumnado en función das súas posibilidades de conectividade, así como sesións de revisión de traballos e cualificacións finais.
4. Modificacións na avaliación
As metodoloxías que se terán en conta para a configuración da nota final serán:
Traballos tutelados (50%): Mantense esta metodoloxía nas mesmas condicións que se establecen na guía docente da materia.
Solución de problemas (50%): Para o alumnado que cumpre cos criterios de asistencia ás actividades presenciais realizadas ata o momento, a proba será de carácter grupal. No caso do alumnado que non cumpra con dita asistencia, a proba será de carácter individual.
Na mañá da data oficial fixada para a realización do exame da materia publicaranse na Moodle as características dun caso a analizar con base nunha serie de preguntas orientativas. A análise do caso implicará dar un tratamento global aos contidos abordados na materia. O alumnado disporá até o final dese día para resolver individualmente o problema e entregalo pola Moodle a través dunha tarefa que se abrirá para este fin. O documento debe ser realizado con letra de imprenta e poderá entregarse tanto nun formato de arquivo de texto (.doc, ,docx, rtf, etc.) ou en .pdf. No caso de que o alumnado non teña as condicións necesarias para cumprir co requisito anterior, deberá comunicalo ás docentes o antes posible para poder realizar os axustes oportunos.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente cos seguintes matices:
- O cómputo da asistencia, só se realizará respecto das sesións que houbo presenciais ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
- O alumnado que non cumpra con dito criterio de asistencia, así como o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa, será avaliado mediante a realización dos traballos tutelados acordados previamente coa docente que computarán un 50% da cualificación final, e mediante a realización individual da proba de solución de problemas que computará o 50% restante.
Na segunda oportunidade de avaliación a proba de solución de problemas será de carácter individual para todo o alumnado que teña que facer uso dela e computará un 50% da cualificación final.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Todos os documentos de uso obrigatorio da materia estarán dixitalizados en Moodle.
|