A materia atópase no segundo cuadrimestre do primeiro curso do grao en educación infantil. Nela abórdanse cuestións totalmente novas para os estudantes, pois non teñen ningún precedente en materias cursadas con anterioridade. Nesta materia proporcionarase unha visión actual do ámbito da psicoloxía clínica infantil, particularmente referido á psicopatoloxía e o tratamento dos principais problemas de saúde mental que afectan á infancia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Sesión maxistral: clases grabadas en power point postas a disposición do alumnado na plataforma Moodle
Proba obxectiva: levada a cabo a través de Moodle
Estudo de casos a través de Teams
*Metodoloxías docentes que se modifican:
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Correo electrónico e Teams
4. Modificacións na avaliación
Proba obxectiva a través de Moodle
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías