Básicamente, trátase de concebir a educación como un sistema en sí mesmo, coas súas correspondentes partes, elementos, funcións, organización, institucionalización, etc.; e que a súa vez forma parte do sistema social en xeral. Con esta materia o que se pretende é que o alumnado acade un grao de coñecemento e tamén concienciación e interiorización do proceso conformador da educación como fenómeno sociolóxico, co seu correspondente espazo, papel e funcións nas nosas sociedades. Tamén se trata dunha formación que persegue dotar de habilidades teórico prácticas ao seu alumnado sobre un ámbito tan importante como a educación, para que a integren tanto a nivel persoal como profesional.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
– Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías:
– Non se realizarán cambios
*Metodoloxías docentes que se modifican
– Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Segundo as necesidades do alumando. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: Sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequenos grupos (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación:
Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, engadindo que:
- O cómputo da asistencia se realizará respecto das sesións conectadas en Teams e, se é o caso, as que houbera de modo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 60%:
a) Elaboración e presentación dos traballos (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados).
3. Entregar os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida a unha proba oral sobre os contidos da materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
- Non se realizarán cambios. Xa se priorizan na Guía os materiais de traballo da maneira dixitalizada, formato ebook da Biblioteca. Tamén se reforzará os contidos con material en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías