A profesionalización do/a educador/a social ten na animación e na acción sociocultural un ámbito ben determinado pola teoría así como pola praxe profesional. Na presente materia, preténdese poñer a disposición do alumnado, referentes tanto teóricos como prácticos que redunden nunha formación sólida e diversificada neste aspecto. Orixe de conceptos chave, ámbitos máis característicos, deseño, execución e avaliación dun proxecto de animación sociocultural, axentes culturais e labor en diferentes ámbitos son algúns dos contidos a abordar.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
En caso de ter que cambiar totalmente de modalidade docente, todos os contidos estarán a disposición do alumnado en Moodle con powerpoints grabados e outros documentos.
2. Metodoloxías
Os grupos de traballo que se constitúan para facer o traballo fundamental a avaliar serán de 4 persoas. Agás as actividades estrictamente prácticas, todas as demais iniciativas serán vía dixital.
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse todas aquelas que, dependendo do intre en que se interrumpa a modalidade prsencial, non se poidan realizar. Tal e como está contemplada a materia, case na súa totalidade poderanse desenvolver.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Só se modificaran puntualmente e será co consenso co alumnado.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teléfono, correo electrónico, skype, moodle e teams de non porceder a presencialidade.
4. Modificacións na avaliación
Non haberá modificacións: só cambiará, se é o caso, o tipo de proba mixta.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica, pois todo o fundamental está disponible on line.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías