Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Logopedia |
Subjects |
Linguistics |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Linguistics | Code | 652G04004 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
First | Basic training | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Mixed objective/subjective test | A3 B2 B7 C1 | Unha proba escrita final, cuxos contidos serán o temario, as lecturas e os outros materiais utilizados nas aulas. | 40 |
Guest lecture / keynote speech | A3 B4 B8 | Avaliaráse a asistencia e participación. | 10 |
Workshop | A3 B1 B2 B4 B7 B8 B21 B22 B23 B24 C1 | Avaliarase a asistencia e participación activa, e os resultados das diversas prácticas e actividades, que serán apresentadas e/ou desenvolvidas nas aulas interactivas. | 50 |
Assessment comments | |||
Observacións: 1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE (EN XANEIRO): 1.1. O Obradoiro inclui a realización de 1 actividade avaliábel (en principio individual; poderá ofrecerse a opción a facela en parellas a discreción do profesorado), e unha serie de tarefas de seguimento das leituras e outros traballos práticos durante o 1.2. O alumnado repetidor que non asista ás aulas, e o alumnado que teña unha dispensa académica oficial, 1.3. O alumnado repetidor que non poda asistir ás aulas, ou que teña dispensa oficial, deberá comunicalo ao profesorado da materia durante as duas primeiras semanas do curso. De non facelo así, poderá aplicárselle o mesmo reparto porcentual 1.4. Para superar a materia na primeira oportunidade é preciso ter polo menos un 4 en cada un nos apartados Proba mixta e Obradoiro. 1.5. Para superar a proba mixta (exame final) é necesario un certo equilibrio de notas entre os diversos temas e partes do programa. Nomeadamente, para aprobar deberá obterse polo menos un 3 en todas as perguntas menos unha. Sen ese equilibrio, a media aritmética, se igual ou superior a 5, non poderá ser considerada, e será sustituida por un 4,5 (suspenso) indicativo da necesidade de repetir a proba obxectiva inteiramente. 1.6. Para superar o apartado do Obradoiro no seu conxunto é necesario obter polo menos un 4,5 na Actividade. 1.7. En caso de non poder aprobar por non ter obtido polo menos un 4 en cada un dos apartados Proba obxectiva e Obradoiro, nas Actas figurará como nota ou ben a media aritmética se é inferior a 4,5, ou 4,5 se a media fose superior. Porém, esta nota de 4,5 é inamovíbel, e é só indicativa de que se debe repetir algún dos apartados (ou os dous). 1.8. Porén, os profesores poderá flexibilizar en sentido positivo estes requerimentos de notas mínimas con carácter xeral (aplicábel a todo o alunado) para favorecer unha avaliación mais global do desempeño. 2. SEGUNDA OPORTUNIDADE (EN XUÑO-XULLO): 2.1. Aplícanse os mesmos criterios de notas mínimas para cada apartado. 2.2. Repetirase a Proba mixta (exame final) no día oficial (ver datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial). A Proba é indivisíbel; caso de ter que ser repetida, será inteiramente, e voltará a incluir todo o temario da primeira oportunidade. 2.3. Realizarase a Actividade suspensa (poderá ser diferente á realizada en xaneiro, aínda que cun formato semellante ou comparábel), e, no seu caso, as tarefas menores de seguimento do curso, a criterio dos profesores. 2.4. Para a oportunidade de xullo, manteránse as notas dos apartados superados na primeira oportunidade. No caso das diversas actividades e tarefas, os profesores indicarán se se considera superado o apartado Obradoiro inteiro, ou se hai que repetir algunha actividade non satisfactoria (por exemplo, unha cunha nota de 3). 2.5. A asistencia, loxicamente, non se poderá recuperar na segunda oportunidade. Se o apartado da asistencia foi superado (mais do 50%, isto é, un 5), manterase a nota. Se non fose superado, axustaranse as porcentaxes para Proba mixta (44,45%) e Obradoiro (55,55%). 3. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO. Para a convocatoria adiantada de decembro rexerán os mesmos criterios 4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. 5. AVALIACIÓN DAS ACTIVIDADES. A copia ou plaxio de material alleo para calquer das actividades avaliábeis ou das tarefas, sen elaboración propia, e por calquer medio, acarreta automaticamente unha nota de cero (0), sem posibilidade de repetición da actividade nesa oportunidade. Durante o curso se poderán estabelecer procedimentos adicionais específicos a cumprir canto á entrega, apresentación e avaliación das actividades. 6. AVALIACIÓN DA PROBA MIXTA. A copia de respostas na proba a partir de materiais non autorizados, a partir das respostas doutro/a estudante, ou por meio de calquer outro procedimento ilexítimo, acarreta automaticamente unha nota de cero (0) en toda a proba, e a imposibilidade de continuar con ela nesa oportunidade. 7. As condutas irregulares e ilexítimas na realización das actividades, tarefas ou probas (plaxio, copia, falsificación, utilización de respostas ou solucións doutros anos, etc.), alén das consecuencias que podan ter sobre a nota na materia -- dado o carácter patentemente inxusto de querer autofavorecerse ilicitamente e polo tanto de perxudicar as/os compañeiras/os -- poden estar suxeitas a penalización disciplinar do/a estudante infractor/a por parte da Universidade, o cal pode incluir a expulsión da mesma. |
|