Guest lecture / keynote speech |
Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Modalidade online: este tipo de metodoloxía non será de aplicación no caso de impartición online, no que se facilitarán os contidos dos temas así como os boletíns de prácticas, se os houbese, a través da aplicación Moodle. |
Supervised projects |
En torno aos diferentes temas proporase a realización de traballos individuais que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios.
Modalidade online: o alumno deberá realizar un traballo individual principal, consistente na creación dun blogue, cuxa información sobre o tema, procedemento e criterios de avaliación poderaos atopar na plataforma Moodle. |
ICT practicals |
Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Modalidade online: o alumno deberá realizar unha serie de prácticas sobre o contido dos diferentes temas cuxa información, procedemento e entrega poderá consultar na plataforma Moodle. |
Objective test |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: resolución de casos prácticos, preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |