Nesta materia perséguese adquirir as competencias específicas para o deseño de sólidos e estruturas sometidas a esforzos de tracción, compresión, flexión e torsión, e a capacidade de analizar estados de tensión e de deformación en sólidos e estruturas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se farán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías de ensino, modificando só o seu carácter presencial
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: diario. De utilidade para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento das prácticas e traballos supervisados.
Moodle úsase para que o contido teórico e práctico da materia estea a disposición do estudante.
Equipos para realizar titorías virtuais para responder a preguntas e facer seguimento das prácticas e do traballo supervisado. Preferiblemente no horario de titorías publicado.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as metodoloxías de avaliación e a súa ponderación, agás o seu carácter presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Proporcionaranse todos os materiais esenciais para o desenvolvemento da materia, empregando os medios dispoñibles na actualidade na UDC.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías