A materia de Patoloxía podológica I, integrará os temas necesarios para adquirir os coñecementos para realizar un diagnóstico, prognóstico e plan de tratamento dos procesos patolóxicos, morfolóxicos e funcionais do pé.
A abordaxe do estudo as diferentes patologias e afeccións realizarase desde o punto de vista clínico e funcional, integrandose deste xeito o estudo da semiología das patologias podológicas e as manobras de exploración física así como o uso e interpretación de probas complementarias nos diferentes procesos patolóxicos do pé.
A Patoloxía Podológica atópase dividida en dúas materias no actual título de grao, esta primeira materia que aborda un estudo xeral das patologias e alteracións morfofuncionales do pé que no curso posterior completarase co estudo das patologias do pé asociadas a procesos sistémicos e cos procesos patolóxicos característicos de diferentes etapas da vida.
Os contidos a desenvolver na materia son: Técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e prognóstico, e deseñar o plan de tratamento integral da patoloxía da extremidade inferior. Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Patoloxía do antepié e do retropié. Deformidades congénitas. Lesións neurolóxicas. Amputacións. Pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparello locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non hai modificacions de contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Proba Mixta
Proba Práctica
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Manteranse os entornos virtuais para facer a atnción persoalizada ó alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Proba mixta 100%
*Observacións de avaliación:
En caso dunha nova situación de confinamento a avaliación pasará a realizarse nun entorno virtual constando como proba mixtana que se incluirán os contidos das sesions maxistrais, seminarios estudo de casos e prácticas de laboratorio.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías