Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Sistemas de Información Empresarial
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Sistemas de Información Empresarial Código 614G01073
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Martinez Perez, Maria
Correo electrónico
maria.martinez@udc.es
Profesorado
Garabato Míguez, Daniel
Gomez Garcia, Angel
Martinez Perez, Maria
Correo electrónico
daniel.garabato@udc.es
angel.gomez@udc.es
maria.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral A influencia das Tecnoloxías da Información é cada vez maior nas organizacións pasando de dar soporte ás actividades operativas ao apoio á toma de decisións e xestión. Ademais, o entorno cada vez máis competitivo e esixente no que teñen que moverse as organizacións fai que teñan que mellorar a súa xestión e a integración das distintas áreas para poder ofrecer un mellor servizo. Nesta materia trataranse os Sistemas Informáticos que integran a información xerada polas distintas actividades da empresa, facilitando o seu seguimento e servindo de soporte á toma de decisións e á xestión da organización.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen A maior parte das metodoloxías docentes mantéñense pero adaptando a súa realización á docencia exclusivamente non presencial mediante as ferramentas proporcionadas pola UDC (Moodle, Teams, e-mail, chamadas telefónicas desviadas dende o despacho ao móbil persoal). Así temos: - Traballos tutelados: por medio do canal de Teams (videochamadas, chat, chamadas de audio) da materia para o seguimento e consulta de dúbidas. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle. - Prácticas de laboratorio: por medio do canal de Teams (videochamadas, chat, chamadas de audio) da materia para a explicación e consultas das dúbidas sobre as mesmas. Ademais, a contorna de desenvolvemento das prácticas permite que sexan realizadas nos equipos do alumnado. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle. - Presentación oral: a exposición dos traballos tutelados farase por medio do canal de Teams da materia (reunión) e en casos excepcionais mediante o envío dun vídeo gravado polos/as alumnos/as. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle. - Sesión maxistral: por medio da organización do canal de Teams (reunión) da materia. A documentación publícase en Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican Proba obxectiva: no caso dunha situación de excepcionalidade se substitúe o exame pola entrega duns exercicios prácticos dos principais temas impartidos nas clases maxistrais. A puntuación na avaliación da proba intercámbiase coa dos traballos. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Moodle. Temporalidade: A lo menos unha vez á semana. Realízase a publicación dos contidos, tarefas, mensaxes en foros, etc. necesarios para o seguimento normal da materia. Ademais, independentemente destas publicacións, respóndese ás consultas do alumnado o antes posible. - Teams. Temporalidade: A lo menos dúas veces á semana. Videochamada, chamada de audio, chamada telefónica en caso de falta de conectividade. Realízase para a docencia non presencial da materia, cumprindo os horarios do calendario académico establecidos polo centro. Ademais, independentemente deste horario, respóndese ás consultas do alumnado no equipo da materia o antes posible. Conexión para resolución de dúbidas prácticamente a diario. 4. Modificacións na avaliación *Metodoloxía: Peso na cualificación-Descrición - Traballos tutelados: 20%-Avaliarase a calidade e exposición dos traballos realizados. - Prácticas de laboratorio: 40%-Seguimento das prácticas de laboratorio. - Exercicios prácticos: 40%-Actividades prácticas dos principais temas impartidos nas clases maxistrais. - Proba obxectiva: 0%-Proba de avaliación dos coñecementos teórico/prácticos da materia. *Observacións de avaliación: No caso dunha situación de excepcionalidade e tendo en conta que se está a realizar unha avaliación continua mediante traballos prácticos de cada tema, decídese substituír a proba obxectiva pola entrega de novas tarefas. O peso da avaliación da proba intercámbiase entre eles. Estes criterios aplícanse á avaliación de alumnos/as que se presenten tanto á primeira como á segunda oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan cambios na bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes