O obxectivo de esta materia é a introdución do estudantado nos fundamentos do cálculo diferencial e integral dunha variábel e a álxebra linear que serán precisos para a aprendizaxe do resto de materias do grao e para o seu futuro profesional.
O/A estudante deberá comprender os conceptos básicos presentados e os resultados que os relacionan e aplicar de xeito correcto e con rigor estes coñecementos para a resolución práctica de problemas.
Farase unha énfase especial na aplicación dos contidos do curso a problemas de contido económico e á interpretación dos resultados obtidos.
Ademais, preténdese axudar ao estudantado a desenvolver competencias xenéricas como a capacidade de análise e síntese, capacidade de razoamento lóxico, capacidade de resolución de problemas, espírito crítico, aprendizaxe autónomo, ou a habilidade para pescudar e utilizar información derivada de diferentes fontes.
Tamén tentarase familiarizar ao estudantado no manexo de ferramentas informáticas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos Non haberá modificación de contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas as non presenciais (seminarios, lecturas).
*Metodoloxías docentes que se modifican
Aulas. As sesións de aula (maxistral e solución de problemas) e as probas de resposta múltiple realízanse mediante ferramentas telemáticas (Plataforma TEAMS, Moodle,…). As sesións de Aula virtuais serán gravadas e estarán dispoñíbeis para cada grupo da materia . (No caso de semipresencialidade buscarase una solución mixta, segundo o que se estableza).
As probas mixtas de avaliación final e as probas de resposta múltiple de avaliación continua serán por procedementos telemáticos se as condicións sanitarias e a normativa non permiten a presencialidade
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams: En horario de titorías de cada docente ou previa petición. E-mail: En función da demanda do alumnado Moodle: Avisos a través de Foros. Teléfono: Dispoñíbel para consultas telefónicas.
4. Modificacións na avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as probas realizaranse de xeito telemático se as condicións non permiten a realización presencial. Neste caso a proba mixta poderá incluír una parte de test (proba de resposta múltiple). Os docentes poderán solicitar do alumno a defensa oral da proba realizada. A defensa non satisfactoria ou a non presentación á defensa poderá supor un cero na proba.
Durante as probas o estudantado non poderá manter contacto con outras persoas e se poderá solicitar que active a súa cámara (ou a do seu móbil) e se identifique mediante o seu DNI ou equivalente. *Observacións de avaliación:---------------------
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Bibliografía básica: K. Sydsæter, P. J. Hammond y P. Carvajal (2012). Matemáticas para el análisis económico. Madrid, Pearson. Accesíbel como libro electrónico a través da web da biblioteca. https://www.udc.es/es/biblioteca.economia/ Recursos de matemáticos en internet: 1º Proyecto Descartes: Repaso de coñecementos previos. http://recursostic.educacion.es/descartes/web/ 2º WolframAlpha:Engine for computing answers and getting knowledge. http://www.wolframalpha.com/ 3 º Symbolab: Calculadora de resolución de problemas. https://es.symbolab.com 4º Las matemáticas: Canle de vídeos de matemáticas de YouTube. https://www.youtube.com/channel/UCtkmpuSfYi9R8Xeq9OrO6GA
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías