Para a superación da materia será
requisito imprescindible aprobar a proba mixta. A nota resultante servirá para facer a media co resto das puntuacións.
A nota dos estudantes a tempo parcial con dispensa
académica de asistencia recoñecida calcularase únicamente sobre a puntuación da proba mixta, así como os traballos que especificamente se lles podan encomendar a estes estudantes.
O primeiros catro temas serán impartidos por membros da Área de Dereito constitucional e os restantes por profesorado da área de Dereito procesual. O peso na avaliación destes temas será o do 30% correspondente á materia de Dereito Constitucional e un 70% correspondente á materia de Dereito Procesual.
Para a segunda oportunidade, conservaranse as cualificacións dos traballos tutelados entregados durante o curso, que computarán para a cualificación xunto coa proba obxectiva, que terá as mesmas características que na primeira oportunidade. Será posible recuperar as notas das prácticas e traballos tutelados, no caso de que sexa pertinente, nos prazos indicados polo profesorado e, en todo caso, entregando unha nova versión destes traballos con anterioridade á data do exame da segunda oportunidade.
No caso de detección de plaxio nos traballos entregados a cualificación dos mesmos será de 0 puntos.