Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Primeiro
Formación básica
6
Idioma
Inglés
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Lezcano Gonzalez, Emma
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
Profesorado
Harrison , Johanne
Lezcano Gonzalez, Emma
Correo electrónico
j.harrison@udc.es
emma.lezcano@udc.es
Web
Descrición xeral
Descrición e uso da lingua inglesa nun nivel intermedio alto (B2.1)
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
1. Sesións maxistrais (modificando canle de comunicación – Moodle/ Microsoft Teams)
2. Seminario (modificando canle de comunicación - Moodle/ Microsoft Teams)
3. Discusión dirixida (modificando canle de comunicación – Moodle/ Microsoft Teams)
4. Proba oral (modificando canle de realización – Moodle/ Microsoft Teams)
5. Portafolios do alumno (podendo modificar formas e datas de entrega)
6. Proba mixta (modificando canle de realización – Moodle/ Microsoft Teams)
7. Lecturas
*Metodoloxías docentes que se modifican
1. Traballos tutelados. O alumnado poderá escoller entre a modalidade grupal (orixinal) ou individual.
2. Aprendizaxe colaborativa. O traballo realizarase de forma non presencial a través das diferentes plataformas institucionais habilitadas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico. Diariamente (de luns a venres); Moodle (horario de aulas); Microsoft Teams (horario de aulas e titorías).
4. Modificacións na avaliación
As porcentaxes orixinais para cada item da avaliación manteranse, coas seguintes modificacións na modalidade de avaliación:
•Traballo Tutelado. A presentación oral do traballo tutelado substituirase por unha vídeo gravación que, acompañada do texto que se requira, será enviada por correo electrónico ou Moodle segundo se estableza.
•Proba Oral. As tarefas de expresión oral durante o curso ou, na súa falta, , a proba oral poderán ser realizadas a través de Microsoft Teams.
•Portafolios do alumno. As tarefas de produción escrita e comprensión lectora avaliaranse de forma asíncrona a través de Moodle ou Microsoft Teams.
•Proba mixta. A proba mixta realizarase de forma síncrona a través de Moodle ou Microsoft Teams.
*Observacións de avaliación:
No caso de fallos xerais no sistema ou problemas de conexión xeneralizados durante
a realización das probas síncronas, o profesorado facilitará as probas por correo electrónico ou utilizará a vía telefónica se é preciso.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías