Plan de continxencia |
1. Modificación de contidos
Ningunha
2. Metodoloxías
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.
Exceptuando o caso de que non poidan realizarse as sesións presenciais, entón levasen a cabo as sesións virtuais e no mesmo horario que se estableceu para as sesións presenciais. Isto levará a cabo a través da plataforma Teams, a condición de que ese recurso tecnolóxico estea a disposición tanto do alumnado como do profesorado
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Se non se puidesen levar a cabo titorías presenciais entón realizaranse de maneira virtual. En principio recoméndase o correo electrónico e/ou a aplicación Teams. Se por calquera razón, o uso destes medios non fose posible, buscaríanse alternativas a través de aplicacións de mensaxería e/ou de videoconferencias consensuadas entre alumnado e profesorado. Poderanse realizar de forma individualizada ou en pequenos grupos.
4. Modificacións na avaliación
Só no caso de que non se puidese realizar un exame presencial, este realizarase de forma telemática e a cualificación final, á súa vez, conformaríase da seguinte maneira: a proba obxectiva supoñerá o 40% da cualificación total (sempre que se obteña, como mínimo, unha puntuación de catro sobre dez);
a síntese dos traballos tutelados e da aprendizaxe colaborativa levaría a cabo a través dunha exposición oral na plataforma Teams (ou, se este recurso non fose posible ou non estivese dispoñible, a través doutra plataforma consensuada entre profesorado e alumnado) e supoñería o 30% da cualificación final.
Os estudos de casos, para os que se facilitará material bibliográfico, videográfico e webgráfico, irán acompañados dunha serie de cuestións que o alumnado deberá responder coa maior amplitude posible e remitiranse ao profesor a través do correo electrónico (ou por calquera outro medio telemático alternativo se este non fose posible) e supoñerán o 20% da cualificación final.
Por último, as lecturas e a súa recensión deberán axustarse aos criterios que indique o profesor e o seu grao de profundización, e supoñerán o 10% da cualificación final da materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
|