Para poder obtar a unha avaliación positiva na materia o alumno deberá asistir como mínimo ao 80% das clases (sesións maxistrais, talleres, seminarios, ...).
Para poder ser cualificado será obrigatoria a entrega en tempo e forma de todos os traballos propostos.
Os alumnos que non entreguen o traballo na data sinalada serán
cualificados como NON PRESENTADOS na avaliación final da Primeira
Oportunidade. En ningún caso estableceranse ampliacións de prazo.
A entrega do traballo para a avaliación final na Segunda Oportunidade
realizarase na aplicación Moodle da materia coas mesmas condicións
fixadas para a entrega da Primeira Oportunidade (copia dixital do
traballo final en formatos doc/ odt e pdf). A data desta entrega comunicarase con antelación por medio da plataforma Moodle e este último prazo será improrrogable.
Nestas entregas deberán seguirse obrigatoriamente as indicacións correspondentes do profesor responsable da materia.
Ademais da asistencia, participación e realización de traballos tutelados poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de valorar adecuadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e procedimentales da materia.