O obxectivo xeral é o desenvolvemento dos coñecementos habilidades e actitudes necesarias para a aplicación dos principios fundamentais da mecánica á resolución de problemas de interese na enxeñaría. Abórdase a estática, cinemática e dinámica do punto material, dos sistemas e do sólido ríxido dende a formulación newtoniana e dende a formulación lagrangiana. Esta materia contribuirá á mellora da capacidade de análise e de construción de modelos matemáticos que describen os efectos das forzas e os movementos sobre unha gran variedade de estruturas e máquinas incorporando as hipóteses físicas e as aproximacións matemáticas axeitadas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral (usando as ferramentas de teleformación dispoñibles na UDC) - Solución de problemas (usando as ferramentas de teleformación dispoñibles na UDC) - Traballos tutelados (usando as ferramentas de teleformación e videoconferencia dispoñibles na UDC) - Proba mixta (usando as ferramentas de teleformación e videoconferencia dispoñibles na UDC) *Metodoloxías docentes que se modifican – Non hai 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Titorías por TEAMS semanalmente
4. Modificacións na avaliación - Non se realizarán cambios *Observacións de avaliación: - Non hai 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías