A asistencia ás prácticas é condición necesaria para a consideración de presentado e poder avaliar o exame final.
O exame final na primeira convocatoria (ao rematar o 1º
cuatrimestre) representará o 60% da calificación final e o 40%
restante o constituirá a memoria de prácticas e os resultados das actividades evaluables das sesions de discusión dirixida (20% y 20%, respectivamente). Para aplicar as porcentaxes indicadas o estudante deberá obter no exame unha nota superior a 4 sobre 10). Considerarase como presentado todo aquel estudante que houbera participado as Prácticas e a 3 actividades evaluables.
Adicionalmente, conscientes de que durante o curso os alumnos
comezan a exercitarse en certas competencias transversais (e en
ciertos casos de xeito autónomo), valorarase sempre en modo positivo a
participación activa nos
seminarios. En particular, os
traballos de seminario entregados e o conxunto das aportacions
relevantes feitas polo alumno/a no foro poderán ser valoradas ata
un punto que engadirase á calificación final obtida.
Excepcionalmente, no caso de que o/a estudante, por razóns xustificadas, non
puidera realizar toda as probas de avaliación continua (estudantes con dedicación a tempo parcial, circunstancias específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade ou circunstancias sobrevidas), adoptaránse as medidas o realizaranse as actividades axeitadas que non perxudiquen a súa avaliación.
Na segunda convocatoria (Xullo) terase en conta únicamente o resultado do exame para a cualificación
final sempre e cando se tíñan realizadas as prácticas, condición
necesaria para ser avaliado, e independentemente da cualificación
obtida nelas.
As matrículas de honra concederánse preferentemente entre o alumnado presentado na primeira convocatoria.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente