As sesións maxistrais son recomendables con vistas ao seguimento do programa teórico da materia.
Igualmente, é esencial que o alumnado faga uso da Plataforma Virtual da UDC (Moodle) para o desenvolvemento da materia.
Requírese saber redactar, sintetizar e presentar un traballo ordenadamente, sobre contidos teóricos e/ou prácticos.
Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación de presentacións, etc.).
Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de comprensión de lectura medio. Programa
Green Campus Facultade de Ciencias Para
axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da
"Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos
documentais que se realicen nesta materia: a.
Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b.
De realizarse en papel: -
Non se empregarán plásticos. -
Realizaranse impresións a dobre cara. -
Empregarase papel reciclado. -
Evitarase a realización de borradores. |