As materias relacionadas coa Manobra compoñen un bloque de coñecementos esenciais e exclusivos na formación dun Mariño Profesional. Pódese dicir que un Mariño formado e experimentado é a única persoa capaz de prever todos os inputs e outputs no deseño e desenvolvemento da Manobra dun buque.
Doutra banda, as consecuencias dunha mala decisión á hora de executar unha Manobra poden ser graves e mesmo catastróficas: varadas, colisións, allisions afundimentos, incendios e explosións. Un erro implicará como mínimo danos ao buque e as súas consecuencias económicas: custos, P&I, demoras, detencións, etc.
En todo o anterior radica a importancia da súa formación.
Integrada no Grao, esta materia “Manobra I” comprende os coñecementos básicos da Manobra, os cales serán analizados con máis profundidade na materia de 3º curso “Manobra II”.
No desenvolvemento da materia teranse en conta:
STCW 1978, e as Emendas de Manila de 2010
IMO Model Course 1.22 Ship Simulator and Bridge Teamwork.
IMO Model Course 7.03. Officer in Charge of a Navigational Watch
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías