Proba obxectiva |
A1 A4 A5 B4 B7 B8 B15 B16 |
Proba final sobre aspectos conceptuais básicos da materia que incluirá como mínimo un test. Será desenvolvida no período oficial de exames. |
40 |
O sistema de avaliación seguirá os mesmos criterios tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. Nas situacións de matrícula a tempo parcial ou de exención de asistencia, acordárase unha programación e un sistema de entrega co coordinador para os estudos de casos que non se poidan realizar na aula. De ser necesario, por circunstancias excepcionais, a proba obxectiva na segunda oportunidade pode ponderar o 100% da cualificación. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, como por exemplo o plaxio, implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida noutras actividades de avaliación.
|