Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  A Literatura e o seu Contorno Sociocultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A4 A14 A10 A8 A9 A12 B4 B10 B3 C2 C3 C4 C5 C6 C8 C9 Valorarase a capacidade de comprensión e reflexión crítica do alumno en función dunha análise hermenéutica e histórico-social sobre un tema obxeto de estudo da asignatura, o razoamento ordenado da exposición, as referencias pertinentes á bibliografía e o uso correcto do idioma castelán. 75
Obradoiro A1 Os alumnos levarán a cabo os seguintes exercicios prácticos:
1. Reflexións críticas sobre temas pertinentes á lectura.
2. Análise de textos e contextos: interpretación crítica de diversas lecturas obxecto de estudo.
Valorarase a capacidade de comprensión, a orixinalidade do plantexamento crítico, o rigor da análise, a claridade da exposición e o dominio do idioma castelán.
15
Análise de fontes documentais A1 A10 A8 B6 B8 B3 C3 C6 C8 C9 Actividade na que o/a alumno/a dará conta da súa capacidade de análise e contexualización dos contidos impartidos na aula, dun xeito práctico 10
 
Observacións avaliación

Será indispensable cumprir coa corrección lingüística esperable nun estudante de mestrado (ortográfica, de puntuación, redación, precisión léxica, resxistro adecuado); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán serán ser penalizadas.

Non se aceptará a entrega de actividades fóra dos prazos previstos se non houbese  causa xustificada. 

No caso de detectarse plaxio ou deshonestidade académica por parte dun estudante, este será cualificado cun suspenso (nota numérica de 0,0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para cumprir coa normativa vixente da UDC, poderase modificar a acta da súa cualificación na primeira oportunidade cando isto fose necesario.

Segunda oportunidade

Os estudantes que deban recuperar as actividades programadas deberán realizar outras semellantes, sustitutivas, sempre co acordo e titorización previda da profesora. 

Cualificación de non presentado/a

Se o alumno non presentase oo traballo tutelado recibirá a cualificación de NP.

Alumnado a tempo parcial con dispensa académica

 O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes).

No caso de que algún estudante teña calquera dificultade para cumprir no calendario previsto coas actividades avaliábeis exixidas (e non se lle teña concedido a dispensa académica), deberá dirixirse á docente, coa maior antecedencia posíbel, para fixar en conxunto datas alternativas.


Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica. O alumnado deberá contactar co profesor antes do mes de novembro.

Atención á diversidade

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía: pat.filoloxia[at]udc.gal. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes