Obradoiro |
A1 A2 A4 B3 B4 B5 B6 B14 B16 B17 B18 B20 B21 B22 C1 C3 C4 C5 C6 |
Realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión do profesorado da materia. |
40 |
Aprendizaxe servizo |
A1 A2 A3 A4 B22 B21 B20 B19 B18 B17 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B7 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C5 C6 C7 |
Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto onde o alumnado aprende ao traballar sobre necesidades reais da contorna co fin de melloralo. Ten unha tripla intencionalidade: pedagóxica, solidaria e reflexiva.
A partir da colaboración con Arquitectura sen Fronteiras, no curso 23-24, tomando o barrio de Agra de Orzán como contexto sobre o que investigar, terán como fío condutor a reivindicación dun hábitat digno e coidador. Nesta proposta participarán outras materias do máster, nas que se colaborará de maneira coordinada para a guía e avaliación do alumnado.
No marco desta materia, a participación será en grupo e avaliarase: o deseño das técnicas de investigación cualitativas levadas a cabo, a súa aplicación e a análise da información solicitada. |
60 |
A avaliación do alumnado de modalidade online, con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia será a seguinte: 1. Traballo tutelado individual, avaliaranse
os mesmos aspectos que o alumnado presencial realizará no APS, pero neste caso
farano sobre unha temática libre relacionada co Máster (Ver Guia Docente, a
distancia). 2. Actividades do taller, adaptadas para a
súa realización a distancia (Ver Guia Docente a distancia) Na 2ª oportunidade, os criterios de
avaliación serán iguais aos propostos para a 1ª oportunidade. É obrigatorio resolver as actividades de
forma razoada, apoiando e argumentando en base aos documentos da materia e
outros que poidan considerarse de interese. O uso
indebido de citas e referencias bibliográficas pode resultar nunha sanción na
cualificación final e o plaxio no suspenso da materia
A entrega dos traballos que se realicen nesta
materia realizarase a través da ferramenta habilitada para iso na aula virtual,
en formato dixital e nas datas indicadas pola profesora.
|