Existen dúas modalidades de avaliación: continua e global.
MODELO DE AVALIACIÓN CONTINUA (1ª OPORTUNIDAD): Para superar a materia, o alumnado deberá realizar ao longo do cuadrimestre dous cuestionarios tipo test, así como asistir e participar nas clases prácticas, onde se realizarán os estudos de caso e as actividades de aprendizaxe por proxectos. Con estas probas, poderase alcanzar un máximo de seis puntos. Requírese a asistencia a un 80% das clases prácticas. Ademais, ao final do cuadrimestre, o alumnado realizará un exame escrito de preguntas de desenvolvemento, que puntuará cun máximo de catro puntos. O nivel mínimo esixido para a superación do exame final será de dous puntos. A cualificación das probas de avaliación continua sumarase á do exame final soamente se no exame final se alcanza unha nota igual ou superior a dous puntos.
MODELO DE AVALIACIÓN GLOBAL (1ª OPORTUNIDAD): A avaliación do alumnado que non siga o modelo de avaliación continua consistirá en dúas partes: (1) a realización dun exame escrito de preguntas de desenvolvemento, que representará o 60% da cualificación final da materia; e (2) a realización dun exame práctico que consistirá nun cuestionario tipo test, que representará o 40% da cualificación final da materia.
Polo que se refire á segunda oportunidade de exames, o sistema de avaliación será similar ao da primeira oportunidade.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos da materia cuxa cualificación máxima será de dez puntos sobre dez.
A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia nas dúas oportunidades de exame.